jueves, 19 de junio de 2014

Prezi, Calameo e Documenta

Hoxe vou falar un pouco destos tres programas, Prezi, Calameo e Documenta. 
Prezi é unha aplicación multimedia para a creación de presentacións similar a Microsoft Office PowerPoint ou a Impress de LibreOffice pero de xeito dinámico e orixinal. Tamén utilízase como plataforma ponte entre a información lineal e a non lineal, e como unha ferramenta de presentación de intercambio de ideas, xa sexa de xeito libre ou ben estructurada. O texto, as imaxes, os vídeos e outros medios de presentación póñense enriba do lenzo e pódense agrupar en marcos. Despois, o usuario designará a medida e a posición entre todos os obxectos da presentación e como se fai o desprazamento ente estes obxectos, así como a ampliación/afastamento. Para as presentacións lineais, o usuario pode construír unha ruta de navegación prescrita.

A presentación final pódese desenvolver nunha ventá do navegador, tamén permiten unha presentación fóra de liña, só fai falta descargarte o arquivo. Prezi utiliza un modelo freemium. Os usuarios que usen Prezi público poden editar, mostrar e descargar os seus traballos, e os que pagan poden crear, compartir e descargar os arquivos. Prezi tamén ofrece unha licenza especial para estudantes e educadores
Añadir leyenda


Calameo é a forma ideal de publicar, buscar e compartir todos os seus documentos en liña. Pode organizar as súas publicacións en subscricións. Ademais, vostede, a súa familia e os seus colegas poden engadir comentarios e iniciar discusións sobre cada publicación.


Documenta é un programa tamén moi similar ós dous anteriores, e ten unca capacidade moi intuituva para traballar así como para crear revistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario